Dan negativo os once tripulantes do Punta do Xuncos confinados no porto de Burela

Os oito mariñeiros que resultaran positivos nas probas anteriores reciben a alta e os tres restantes poderán tamén abandoar a corentena

Punta do Xuncos, de Burela. AXM

Ramón González Rey/axencias. Os once tripulantes do palangreiro Punta do Xuncos que permanecían confinados no barco, amarrado no porto de Burela, deron negativo polo que abandonarán a corentena. Oito dos mariñeiros deran positivo por coronavirus, pero a totalidade do persoal analizado resultou negativo nas PCR efectuadas o pasado sábado. Así o confirmaron fontes da Consellería de Sanidade.

Dos 15 traballadores do buque, catro xa marcharan aos seus domicilios para completar os 14 días preceptivos de illamento, ao resultar negativos desde o inicio. O Punta do Xuncos tivo que volver a porto o pasado 6 de agosto, ante a sospeita dun caso de enfermidade. Algúns dos tripulantes son residentes na comarca da Mariña Lucense.

Segundo recollen axencias, o rexedor de Burela, Alfredo Llano, valorou como “unha boa nova” a alta dos mariñeiros que resultaran contaxiados e tamén o remate do confinamento para o resto. En función do que acorden co armador, os tripulantes “poden optar a calquera cousa, seguir faenando ou marchar para a casa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here